Hoxe luns 11 de decembro o alumnado de 1º da ESO tivemos a sorte de poder visitar a Fundación Camilo José Cela, pretiño do noso centro; alí puidemos ver as principais obras do autor, así como algunha das pinturas que fixo ao longo da súa vida. Tamén coñecemos a empresa de seu pai, a The West Galicia Railway e, como podedes ver, fixémonos unha foto ao carón de Camilo José Cela e da réplica do coche de seu pai:
O noso guía seguiu contándonos interesantes datos sobre José Cela e sobre a súa amizade con Picasso e puidemos ver o chisqueiro que este segundo lle regalou a Cela, cun gravado nel. Tamén vimos a entrega do Premio Nobel de Literatura ao autor, no ano 1989, outorgado pola Academia Sueca; como anécdota, José Cela vestía unha garabata negra, saltándose o protocolo, que dita cor branca.
Para finalizar, e como escapada final, cruzamos a estrada e buscamos onde está enterrado Camilo José Cela, con maior ou menor éxito:
Comentarios
Publicar un comentario