Viaxe á neve 2025

O domingo 23 de marzo, alumnos e alumnas de 3º de ESO tiveron unha  cómoda viaxe ata Andorra, para gozar duns días na neve.  Esa mesma tarde, subiron á estación de Ordino Arcalís para alugar o material,  con  tan boa sorte que nevaba nese momento.  Había quen non vira nunca a neve! Todo o alumnado coincidiu en que a estación era preciosa e desfrutou dun apartahotel que estaba illado entre o camiño cara á estación e Andorra.

Ao día seguinte, tras a nevada, atopáronse cun día soleado, precioso. Esquiaron toda a mañá, incluso pola tarde cando, normalmente, a xente xa non quere esquiar. Moi ledos e ledas, sen lesións, remataron o día de compras en Andorra.

O martes o tempo non estivo moi bo porque había mala visibilidade e nevou, aínda así esquiaron coa fría temperatura. As persoas máis avantaxadas accederon a outras pistas co profesorado. Máis tarde, para quentarse,  dúas horiñas nas piscinas termais de Caldea.

Nesta liña continuaron os seguintes días, pasándoo moi ben, sen lesións e sendo a nosa rapazada a primeira en todo: en levantarse, almorzar, chegar ás pistas... E puntuais, tanto á primeira hora como á última! O profesorado quedou igualmente encantado da experiencia e desfrutou co alumnado.

 

Comentarios