O 14 de novembro recibimos unha visita que foi do gusto de todo o alumnado e o profesorado: dentro da iniciativa da Xunta de Galicia Galicia sabe amar, desfrutamos dun "foodtrack" no patio de entrada ao instituto.
A furgoneta serviunos uns deliciosos petiscos confeccionados con produtos do noso mar (luras, mexillóns...) acompañados e aderezados con alimentos galegos de calidade como queixo do Cebreiro. O alumnado de Bacharelato baixou en primeiro lugar e a continuación o alumnado de ESO adiantou o recreo... e a merenda!
Esta iniciativa pretende dar a coñecer os excelentes produtos do noso mar e pór en valor unha alimentación sa que se fundamente no produto de calidade e de proximidade. E, visto o éxito acadado entre alumnado e profesorado, está claro que o conseguiron!
Comentarios
Publicar un comentario