Xincana matemática baixo árbores senlleiras

Descubrindo tesouros na vila: “Xincana matemática baixo árbores senlleiras”


O alumnado de 2º de ESO participou hoxe na actividade “Xincana matemática baixo árbores senlleiras”, desenvolvida por distintos espazos emblemáticos de Padrón.

A mañá comezou cunha exposición preparada polo alumnado de Educación Dixital sobre as árbores senlleiras, onde descubriron a importancia ambiental, histórica e cultural destes exemplares únicos. A continuación, os equipos desprazáronse ata o xardín da Casa Museo Rosalía de Castro, un entorno privilexiado no que as matemáticas se converteron nas protagonistas baixo a sombra das árbores.


Máis tarde, a actividade continuou no xardín botánico, onde o alumnado seguiu resolvendo retos matemáticos, poñendo en práctica o traballo cooperativo, o razoamento lóxico e a observación do entorno.








Cómpre destacar o gran labor do alumnado de 3º de ESO, que actuou como coordinador das probas e guía didáctico ao longo da xornada, contribuíndo ao bo desenvolvemento das actividades e acompañando os grupos participantes.






Tamén foi fundamental o traballo das profesoras, que estiveron pendentes en todo momento da organización e da corrección dos exercicios, para que as puntuacións dos diferentes equipos estivesen calculadas ao remate da xincana.

Pasamos algo de calor, pero pensamos que valeu a pena!

Comentarios