CONFERENCIA SOBRE ALZHÉIMER / CARLOS SPUCH


Primera fase do Proxecto de colaboración coa Federación de Asociacións de Axuda a Enfermos de Alzhéimer de Galicia e en particular coa Asociación Agadea de Compostela, financiado pola Fundación Barrié. A primeira actividade ten un marcado interese informativo e didáctico e tivo como protagonista a unha personalidade científica galega que leva más de vinte anos investigando as demencias senís e a enfermidade de Alzhéimer desde o Grupo de Neurociencia Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. O pequeno grupo de alumnos/as de Psicoloxía puido tomar nota das causas, diagnósticos, terapias, asistencia e percepción social destas enfermidades cada vez máis frecuentes nunha sociedade progresivamente máis maior.

Ao longo do curso seguiremos completando esta formación coa visita ao noso centro de persoal especializado na asistencia e de familiares de persoas enfermas e coa experiencia directa que estamos a desenvolver no Centro de Día Iglemen en Padrón.

Comentarios