No día de hoxe os alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato puideron gozar, da man do relator irlandés Damien Sheeshy, de dúas charlas divertidas e amenas sobre a cultura anglosaxona.
Coincidindo con estas datas de Samaín, o alumnado de 3º de ESO participou nunha entretida presentación sobre a festividade de Halloween, aprendendo o seu folclore e orixe entre bromas, xogos e premios.
Na seguinte sesión o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato mergullouse na cultura, historia e léxico dos países de fala inglesa, nunha charla, integramente en inglés, na que o alumnado divertiuse sendo partícipe dunha simulación do concurso “Quen Quere Ser Millonario?” onde debían responder as preguntas correctamente para gañar un premio.
Non é o primeiro curso no que participamos destas charlas e vendo o recibimento e boa actitude dos alumnos, definitivamente tampouco será o último.
Comentarios
Publicar un comentario