Este mércores 18 de outubro, o alumnado de Educación Dixital de 3º da ESO e o de TIC DE 1º de BAC asistiu on line dende o centro á conferencia "Inteligencia artificial en robótica: retos y oportunidades", organizada por Abanca e ofrecida por Concha Monje, investigadora española especializada en robótica.
Falouse da intelixencia artificial máis aló do chat, do GPT. Falouse das súas aplicacións actuais e futuras no campo da robótica en todos os ámbitos (industrial, sanitario, social, etc.), do papel importante dos novos materiais neste campo, e dos perigos, retos e oportunidades que ofrece a intelixencia artificial na actualidade e cara ao futuro.
A conferenciante ofreceu unha mirada crítica sobre os robots de todo tipo soportados pola intelixencia artificial e sobre a aparición dos primeiros cyborg que, sen dúbida, interesou ao alumnado.
Comentarios
Publicar un comentario