O alumnado de 3º e 4ºde ESO asistiu á representación da obra teatral O Porco de Pé de Vicente Risco no Auditorio Municipal de Padrón o 30 de outubro e comparteu a xornada teatral co alumnado do IES Macías o Namorado.
A obra está dirixida polo director Quico Cadaval e interpretada por dous actores e unha actriz de teatro profesional moi coñecidos (Patricia Vázquez, Evaristo Calvo e Víctor Mosquera).
O alumnado disfrutou dunha representación de calidade e ao mesmo tempo puido aprender sobre a sociedade da época na que se desenvolve a historia.
Comentarios
Publicar un comentario