O TEU CAMIÑO. Camiño Xacobeo


O mércores, 11 de novembro, corenta escolares de 3º da ESO do IES Camilo José Cela percorreron, xunto con escolares -case seiscentos en total- de nove centros da contorna, máis de 13 quilómetros da etapa xacobea Padrón - Santiago, concretamente dende a Carballeira de Francos (Teo).

Durante case catro horas, paradas incluídas, gozaron da singular beleza desta etapa.




Ao chegar, comeron todos xuntos na Praza da Quintana para despois facer a obrigada visita a Catedral de Santiago e gozar de case unha hora de tempo libre ata coller o autobús de volta en Xoan XXIII.



Comentarios