O pasado venres 17 de novembro, os alumnos de 4º de ESO participaron na actividade de concienciación contra a violencia de xénero "Agresión Off 2023" que tivo lugar na praza da Igualdade de Padrón. A actividade estaba organizada pola Xunta de Galicia e promovida polo Concello.
Consistiu en cinco obradoiros ou xogos diferentes nos que o alumnado participaba baixo a supervisión de monitoras. O seu obxectivo era sensibilizar aos alumnos sobre a problemática da violencia de xénero e fomentar actitudes de respecto e igualdade entre homes e mulleres.
Participaron en diferentes dinámicas e reflexionaron sobre as distintas formas de violencia de xénero que existen na nosa sociedade.
Comentarios
Publicar un comentario