Charla- Taller sobre o medio mariño e a súa protección


Os divulgadores científicos de Submon (Educación Submon e Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico) explicáronlles ao alumnado de 1º ESO e 3º ESO a importancia do medio mariño e a súa conservación. Deron a coñecer tamén a figura das Estratexias Mariñas.

A actividade desenvolveuse en dous obradoiros, un para cada curso, nos que se trataron, sobre todo, xeneralidades dos océanos e a hidrosfera e a biodiversidade mariños.

A parte que mais desfrutaron os alumnos foi cando poideron observar e mesmo tocar mostras de Posidonia, coral vermello, esponxas, barbas de balea e unha costela dunha cría de cachalote (coa que todos quixeron fotografarse). Ademáis obsequiáronos cunhas pegatinas e unha bolsa reciclable.




Comentarios