Nos días previos á celebración do Samaín, as nosas voluntarias decoraron a biblioteca creando unha ambientación apropiada para acoller as diferentes actividades.
Colocaron nos diferentes expositores lecturas de medo acompañadas da súa versión cinematográfica así como secuencias de películas deste xénero moi recoñecidas.
O martes 31 e o xoves día 2, o alumnado de 1º e 2º da ESO participou no concurso de relatos orais de medo proposto polo equipo da biblioteca en colaboración cos departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega. Resultaron gañadores Blanca Rocha e Noel González, de 1ºESO; e Iván González e Carla Rodríguez, de 2ºESO.
Blanca e Noel ( 1ºESO) Iván e Carla ( 2ºESO)
Comentarios
Publicar un comentario