Cross escolar na Pobra do Caramiñal


O xoves 30 de novembro o noso alumnado de 1º e 2º da ESO participou no Cross Escolar comarcal xunto co alumnado da zona do Barbanza e xunto cos nosos veciños do IES Macías o Namorado, dentro de programa Xogade, no circuito do estadio de A Alta, na Pobra.

1º ESO


2º ESO


Unha das nosas rapazas de 2º ESO B, Catalina Rodríguez Lafuente, quedou de primeira na categoría individual cadete e recibiu a súa medalla. Destacaremos que se lle complicou a carreira coas zapatillas deportivas; pero, aínda así, rematou a súa proeza descalza. PARABÉNS!





Comentarios