Nadal no IES

Toda a comunidade educativa celebrou a chegada do Nadal co acendido da árbore, pero foi na útlima xornada lectiva do ano cando a festa chegou ao centro. Tivemos competicións deportivas desde as 10'45 contra o IES Macías o Namorado -co que compartimos pavillón- de dachtball e fútbol. Non dicimos o resultado final, aínda que houbo feridos leves en ambos bandos.



Para quecer na fría mañá, servimos chocolate con panettone a toda a familia escolar: alumnado, profesorado e persoal non docente. 






Ademais demos como agasallo a postal gañadora do concurso de Nadal convocado por Biblioteca, elaborada por Antía Pereiras Rivas de 1º de bacharelato.



Utilizamos esta imaxe como postal de felicitación do IES a outros centros, persoas e entidades.


Nesta imaxe está o enlace ao vídeo coas actividades de Bioclaciencia:


Comentarios