Encontro co Sr. Anxo Arca, alcalde do Concello de Padrón


9:30 h da mañá deste xoves 7 de novembro no que se despreguiza o sol logo de tanta auga caída. Entramos na Casa do Concello de Padrón e dirixímonos ao despacho do Sr. Alcade, Anxo Arca, para ter un encontro con el e poder conversar sobre a súa experiencia na Alcaldía logo de acadar a maioría suficiente para gobernar coa axuda doutro partido político.

O trato é moi cercano e amable. Conta desde o seu despacho cales foron e seguen a ser as urxencias dun posto con tanta responsabilidade como este e cales os desafíos que tivo que afrontar desde a súa falta de experiencia inicial e contesta tamén as preguntas que lle facemos, moitas delas referidas tamén á súa biografía política. E do despacho pasamos ao Salón de Plenos, onde ocupamos os escaños que corresponden tanto ao equipo de goberno como á oposición. Desde aí podemos facernos unha idea dos mecanismos de funcionamento desta institución e tamén os de control do seu poder. Volvemos satisfeitos por esta que seguramente será a primeira experiencia de contacto que serviu tamén como complemento didáctico dos contidos de filosofía.

Comentarios