Visita ao CiQUS, USC

O alumnado de 1º Bacharelato de Ciencias e as profesoras Manuela Rodríguez e Sesé Figueira visitaron o CIQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares) nunha actividade programada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía, o luns 6 de novembro. Trala benvida e acollida no salón de actos dividímonos en dous grupos e fomos alternando as seguintes actividades: 1) acollida no laboratorio de investigación da Dotora González Bello que nos explicou a súa liña de investigación ; 2) visita co personal técnico as salas de instrumentos como o RMN, cabina de atmósfera inerte, HPLC, microscopio electrónico e confocal, entre outros moitos aparatos; 3) de novo no salón de actos tivemos a oportunidade de charlas con algún investigador postdoctoral que nos explicou en que consistía iso da carreira científica baseándose na súa experiencia. Visita moi interesante e formativa!



Comentarios