Os primeiros partidos de media hora cada un deles foron o feminino e, a continuación, o masculino con alumnado de 1º e 2º da ESO. O noso centro non tivo moita sorte en ningún deles.
No primeiro perdemos 7-0, no segundo 5-3 . O terceiro partido, mixto, con alumnado de 3º e 4º ESO, dunha hora de duración, trouxo a vitoria para o Camilo: 0-1. Tanto os xogadores coma a impecable actuación da nosa porteira, Ana Castro, lograron o triunfo.
No último partido, tamén mixto, competiu o alumnado de 1º de Bacharelato. Imos deixar caer que teoricamente é mixto pero, na práctica, tanto no xogo do terceiro coma na do cuarto bótase en falta máis presenza feminina. De novo, a nosa porteira (que vale por mil) fixo un bo traballo, porén, aínda que o partido foi bastante rifado, a sorte estaba da parte do Macías e perdemos 9-3. Outro ano será!
Finalizouse a xornada coa repartición de trofeos.
Comentarios
Publicar un comentario