O IES Camilo José Cela respondeuá petición da ANPA A Colmea e a iniciativa da Federación de ANPAS Compostela para pedir o cesamento do fogo en Palestina e tamén para conmemorar a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno.
É sabido que nesta guerra mataron a máis de 4000 nenos e moitos están a padecela. Por iso, cando se lles comunicou aos rapaces de botar unha man, enseguida se puxeron a isto e, no pouco tempo do que dispuxeron, os dous grupos de Francés de 3º da ESO elaboraron uns carteis que compartiron con outros compañeiros para facer unhas fotos no patio tanto para celebrar o Día Universal do Neno como para protestar contra o xenocidio de Gaza. Velaquí o resultado.
Pouco despois fíxose unha concentración de nenos e profesorado no recreo coa participación de membros da corporación municipal.
Comentarios
Publicar un comentario