Numax


O alumnado de 1° de Bacharelato asistiu ao visionado da película Dating Amber en versión orixinal en inglés na sala Numax en Santiago de Compostela, unha actividade programada polo departamento de Inglés do centro.

A película trata da vida de dúas persoas adolescentes nun pobo de Irlanda nos anos 90 que deciden finxir que son parella para alonxar os rumores que corren polo pobo.

O film ten bastante vocabulario coloquial propio da zona, da época na que está ambientada e da propia xerga dos adolescentes, o cal non impediu que a puideran seguir sen problema.

O alumnado divertiuse cos momentos cómicos e entendeu as partes onde as relacións persoais e familiares dos protagonistas tiñan unha carga emocional importante. Unha boa experiencia para reflexionar sobre temas como a incomprensión entre iguais, a amizade, as relacións familiares, relixión...

Comentarios