O martes 30 de xaneiro o psicólogo Carlos Vila conversou cos alumnos de segundo de Bacharelato sobre saúde mental. Deulles tamén pautas para combater a ansiedade e o estrés que senten ó estar nun curso de maior esixencia e de cuxas notas dependen os estudos universitarios que queiran facer.
Entre as recomendacións aconsellou durmir oito horas diarias, facer cinco comidas ao día, repartir o estudo en vinte minutos con pequenos descansos... Resultou curioso que a través dun xogo con pegatinas descubríuse que todo o mundo, ao longo da súa existencia, terá nalgún momento da súa vida algún trastorno de saúde mental: depresión, pensamento de suididio...
Comentarios
Publicar un comentario