Concerto didáctico: Frida




Na mañá do día 11 de xaneiro o alumnado de música de 2º ESO acudiu ao Teatro Principal de Santiago de Compostela para escoitar a banda municipal que poñía música na representación da obra FRIDA. Un espectáculo no que a actriz Cris Collazo meteuse na pel dunha adolescente “aburrida da vida”, que descobre unha marabillosa carta que a súa avoa Henriqueta lle escribira a FRIDA KHALO. Nela dáballe as grazas por mostrarlle que a arte é un talismán que o cura todo. A partires de entón, comeza un proceso de transformación que revolucionará a vida da cativa e todo o que está ao seu arredor. A maxia da arte fará que a creatividade de Frida se dispare, fará que pinte cadros, que cante, que baile, que vista o espazo coas cores da vida e que, á fin, coñeza a FRIDA KALHO.


Actores: Cris Collazo e Martiño Mato.

Dirección: Rocío González.

Coreografía: Olga Cameselle.

Música Orixinal: Mano Paino.

Adaptación para a banda: David Fiúza e Manu Paino


Comentarios