Concurso Odisea



Alumnado de latín de 4° de ESO e 1° de Bacharelato participou durante toda a semana no concurso de Cultura Clásica Odisea, organizado pola Sociedade Española de Estudos Clásicos, que este ano versou sobre a alimentación en Grecia e Roma.

Hoxe, desenvolveuse a última xornada da primeira fase na que o alumnado tivo que responder quince preguntas pista para descubrir o nome oculto dunha obra literaria da Antigüidade. Algunhas da preguntas foron as seguintes:

- Esta bebida militar non só refrescaba, senón que tamén valía como desinfectante.

Resposta: posca.

- Este soberbio liberto preparou un banquete que acabou nun simulacro de funeral.

Resposta: Trimalción.

- Esta dríade ferida e enraizada aromatízanos os guisos.

Resposta: Dafne.

O nome oculto viña dado no Preguntón:

- En latín: só expertos en saberes varios poden desfrutar dos banquetes narrados nesta obra.

A solución a esta pregunta era: DEIPNOSOPHISTAE



Comentarios