Hoxe, os alumnos e alumnas de primeiro de Bacharelato B tivemos unha charla coa científica galega Elena Blanco Castiñeiras que nos explicou a súa colaboración no proxecto de creación de biocombustible para avións que fixo posible a primeira viaxe entre Londres e Nova Iork o mes de novembro. A empresa inglesa Johnson Matthey na que traballa é unha das participantes do proxecto.
Esta actividade está relacionada ca charla que tivemos o venres 12 do xornal La voz de Galicia sobre a reportaxe.
Comentarios
Publicar un comentario