O martes, 30 de xaneiro, Día da Non Violencia e a Paz, organizáronse no centro unha serie de actividades para concienciar ao alumnado do complicado que é conseguir un mundo sen conflitos e da necesidade de que todas as persoas axuden a crear un ambiente de boa convivencia e paz.
Fixemos fincapé nas persoas que recibiron o premio Nobel da paz, reclamando máis igualdade para as mulleres neste tipo de eventos (de 110 persoas que recibiron este premio, 91 son homes e, soamente, 19 son mulleres).
O alumnado pegou pombas e mensaxes da paz, de elaboración propia, nalgunhas das paredes do centro, ademais de reflexionar sobre os conflitos armados actuais, escoitar unha canción do grupo Ilegales sobre a crueldade da guerra e desfrutar das reflexións de Mafalda sobre esta conmemoración.
Comentarios
Publicar un comentario