Obradoiro de Sensibilización, Raias e fronteiras

Os días 15, 16 17 e 19 de xaneiro, o alumnado de 2º da ESO  participou nun obradoiro de sensibilización  para traballar actitudes, valores e comportamentos democráticos e para a igualdade a través de diversas técnicas.

Abordaron conceptos como: discriminación, igualdade, migración, dereitos e deberes; analizaron a  situación das migracións; traballaron sobre experiencias reais de persoas migrantes que residen en Galicia a través de material audiovisual; e, por último,  a través dun role-playing revisaron os propios estereotipos. O aproveitamento desta actividade quedou patente, dado que  sacou a luz a presenza de estereotipos racistas nunha parte do alumnado integrante, quen,  durante a presentación audiovisual de testemuñas  reais, verbalizou expresións inapropiadas que debemos, entre todos, modificar.

O Obradoiro correu a cargo de Pilar Fernández Fernández  e Candela Rodríguez Búa da Asociación Arraianas de Santiago.


Comentarios