Os días 10 e 17 de xaneiro, algúns alumnos e alumnas de 4º de ESO tiveron as dúas últimas sesións do programa YAM, comezado o curso pasado 2022-2023.
O programa YAM é un programa de prevención do suicido na mocidade co financiado pola Unión Europea no que se traballa cos adolescentes a través de grupos de discusión e resolución de conflitos e apoio.
Nestas dúas sesións fixeron diferentes técnicas grupais e dinámicas con dous instrutores do programa, profesionais da saúde mental do SERGAS.
O venres 19 iniciouse tamén este programa co alumnado de 3º da ESO.
Comentarios
Publicar un comentario