Club de Debate 2024


No día 27 de febreiro, sete alumnos de 1º de Bacharelato e un de 4º da ESO do IES Camilo José Cela participaron na primeira fase do Club de debate na súa edición de 2024, en Santa Comba, cun resultado máis que positivo: segundos clasificados para a fase final, que terá lugar o 13 de abril no Val do Dubra.


Despois dunha xornada de formación no mes de xaneiro, estaban preparados e concienciados do seu cometido: traballar para defender tanto a prohibición dos teléfonos móbiles nos institutos como a non prohibición dos mesmos.

Este martes 27 de febreiro, o equipo a favor de tal norma deuno todo na última quenda da mañá e, na última da tarde, fixo o mesmo o equipo en contra da prohibición; de tal modo que conseguiron clasificarse e veranse as caras con outros cinco grupos en abril.

Co galego por bandeira, continúan coa preparación do debate e vémonos No Val do Dubra en abril!


Comentarios