Durante varias semanas de febreiro celebrouse no IES o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia con actividades diversas. Xa comentaramos no blog a charla para 4º da ESO e 1º de Bacharelato coa científica María de la Fuente o xoves 8.
Nestes días, o alumnado de 2° ESO, dirixido polo departamento de Física e Química, elaborou este curso 23/24 diversos carteis destacando o papel de mulleres astrónomas como Antonia Ferrín Moreiras, Jill Tarter, Asunción Català, Elisabeth Scott, Annie Scott Dill Maunder, e tamén de mulleres astronautas como Sara García Alonso e Valentina Tereshkova.
Mentres, no mesmo departamento, o alumnado de 4° ESO dedicouse a outras científicas: a química, Agnes Pockels, e a enxeñeira física, Donna Strickland.
Pechamos esta celebración co alumnado de 3º da ESO o luns 19, grazas o Programa Prensa-Escuela de La voz de Galicia Mujer STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), ca visita de Marienne Blanco, enxeñeira informática, que nos falou da súa traxectoria como Directora en NTT DATA, unha tecnolóxica xaponesa asentada na Coruña.
Comentarios
Publicar un comentario