Día de Rosalía


Comezamos o Día de Rosalía cunha ofrenda floral no Espolón e a lectura de poemas do alumnado dos IES Macías o Namorado e Camilo José Cela na Praza de Macías ante os seus compañeiros; o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira;  o alcalde de Padrón, Anxo Arca, e outros convidados ó acto.

Os nosos recitadores foron: Iker Filgueira, Zoe Fuentes e Manuel Carou de 3º da ESO.

Outra das actividades  que non podía faltar foi a decoración do IES: nas ventás exteriores da planta baixa escribíronse algúns versos da poetisa xunto con debuxos da mesma; na entrada,  a man da conserxe Ana faise evidente cos carteliños do nome da escritora;  tamén na entrada tivemos unha mesa para asinar un manifesto a prol do uso da lingua galega e na parede varios debuxos do alumnado de 1º da ESO.

Por último, hoxe fíxose unha performance con varios alumnos de 1º e 2º da ESO, dous deles  vestidos de Rosalía e Curros Enríquez, que visitaron  as clases dende primeiro ata terceiro para recitar poemas e debater brevemente cos compañeiros a interpretación dos mesmos.



Comentarios