ENCONTRO COA PEDAGOGA E ORIENTADORA IRENE PUMAR


Na materia de Psicoloxía comezamos o bloque didáctico dedicado á cuestión da diversidade funcional e facémolo coa intención de incluír no seu estudo un enfoque multidisciplinar, botando man dos recursos que temos ao noso alcance. E como non podía ser doutra maneira, contamos coa contribución da pedagoga Irene Pumar, orientadora do noso centro. A través deste encontro puidemos coñecer de primeira man as funcións propias do seu departamento e conversar tamén sobre aqueles problemas de índole psicolóxica e social que afectan ao alumnado e que fan necesaria a súa intervención.

Comentarios