Entroido 2024

Durante esta semana da celebración do Entroido, leváronse a cabo diversas actividades: 
Diariamente, o meco ditou o que debiamos levar posto; noutras xornadas, propúxoselle ao alumnado o xogo O asasinato de don Carnal coa finalidade de coñecer a festa do carnaval nos diversos lugares de Galicia. Neste entretemento tiñan en grupos que acceder á información ofrecida no corredor da planta baixa e, con varias pistas, atopar ao asasino de don Carnal.

Non podía faltar a decoración: o IES inundouse de debuxos de peliqueiros e cigarróns, dun traxe dun xeneral da Ulla e de varios sombreiros de Cobres.


Este curso os membros da comunidade educativa decidiron disfrazarse dos tolos anos vinte, participaron nas competicións deportivas contra o alumnado no datchball e no voleibol e fixeron de xuíces nas competicións de baile da rapazada. Este ano dende o departamento de Educación Física  ofrecéuselle prepararse no breakdance. O xurado votou as súas coreografías valorando aspectos diversos: ritmo, coordinación, orixinalidade, dificultade… 


Aos gañadores concedéronselles  unhas deliciosas orellas e agasallos como premio.


Preguntámonos quen goza máis desta festividade: os profesores ou a rapazada?






Comentarios