Visita ao CITEEC e a Escola de Enxeñería


O alumnado de Tecnoloxía de 4º da ESO visitou a Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña. Experimentaron, nunhas xornadas de divulgación, construíndo estruturas simples e vendo o comportamento de solos fronte a vibración e a dinámica das curvas e peraltes.


Despois, acudiron ao CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil) onde puideron visitar varios dos seus laboratorios e ver, entre outras cousas, un túnel de vento que proba a estabilidade das pontes fronte ás inclemencias do tempo e un simulador de ondas que, neste caso, simulaba un temporal e olas de tres metros.


Resultou todo moi interesante.

Comentarios