Xogade



O 30 de novembro iniciámonos no programa Xogade de Cross na fase comarcal. Este martes, 27 de febreiro, finalizou a fase intercomarcal con tres representantes na categoría cadete. Na feminina, Catalina quedou no posto 20, a 5 de clasificar. A contractura que viña arrastrando dende hai uns días fixo que correra a parte final moi minguada. Na categoría masculina participaron Lucas (posto 30) e Lorenzo (posto 76) nunha carreira de moito nivel. O segundo sufriu un contratempo xa que caeu na metade da proba perdendo moitos postos. Pero a participación dos nosos representantes foi mais que satisfactoria.


Hoxe, mércores 28, fomos a Boiro cos alumnos de 2º e 3º da ESO porque celebrouse no parque da Cachada a fase 2 interzonal da carreira de orientación. 


Participaron case 300 escolares nas categorías infantil e cadete. Trátase dun deporte que combina a capacidade física ca toma de decisión sobre o terreo; nel, o alumnado debe percorrer unha distancia de algo mais dun quilómetro pasando por dezaseis puntos de control ca axuda dun mapa. Un motivador reto que o alumnado gozou plenamente.


Hai que engadir que dez dos nosos participantes foron quen de clasificarse para a vindeira fase que terá lugar en Porto do Son o 24 de abril.




Comentarios