Hoxe contamos ca presenza de José Abalo Rey, responsable do rendimento do Club de Ciclismo padronés Aluminios Cortizo, o mellor equipo de España amateur, e de dous colaboradores: un, Uxío San Martín Domínguez, ex corredor e tamén ex alumno do noso IES e, o outro, Emilio Quintana Fernández; ambos en prácticas de Graduado de Ciencias da actividade física e o deporte.
Levaron a cabo unha clase práctica de habilidades básicas ca bicicleta e seguridade vial, peche a unhas xornadas previas nas que o alumnado recibiu unhas charlas e visitou as instalacións do club.
Comentarios
Publicar un comentario