Canguro matemático


Hoxe 21 de marzo, 24 estudantes do centro dos niveis de primeiro, segundo, terceiro da ESO e primeiro de bacharelato participaron na XXIX edición do concurso "Canguro Matemático", unha competición internacional na que participan alumnos de máis de 100 países. O obxectivo principal deste é converter a resolución de problemas nunha actividade lúdica.

As probas, adaptadas para cada nivel, consisten na resolución de 30 preguntas, ordenadas en tres niveis de dificultade. Os cinco primeiros gañadores de cada nivel participarán nun campamento de tres días en Segovia.


De seguro que teremos entre eles no futuro a algún premio Abel[1]!









[1] O Premio Abel é un galardón concedido polo Rei de Noruega a un matemático destacado.

Comentarios