Concerto en Valga


No día de hoxe, no auditorio de Valga, ás 12 horas o alumnado de 3º de ESO participou na audición do concerto “Viva Vivaldi”, interpretado pola Orquestra Sinfónica de Valga e dirixida por Manuel Villar Touceda.

O director, facendo honra do seu bo humor, saiu ao escenario caracterizado como o mestre Haendel, outro dos grandes músicos do Barroco musical, e dirixiu unha orquestra formada por violíns, violas, violonchelos e contrabaixos; acompañada polo solista James Strauss.

No concerto tivemos a oportunidade de escoitar algunha das pezas máis representativas do popular compositor veneciano como “As Catro Estacións” ou a sinfonía “Alla Rústica”.




Comentarios