Conmemoración 8 de marzo

Hoxe anticipámonos ó Día 8 de marzo coa visita de catro mulleres que nos contaron a súa experiencia profesional e vital: Raquel Tarrío, cabo do Exército do Aire; Ana Belén Castro, axente forestal e xefa de brigada antiincendios; Cruz Taboada, animadora sociocultural do concello de Padrón; e Begoña Grela, avogada especialista en Dereito Civil e Penal. Catro profesionais que no seu traballo diario fan un labor excepcional a prol da igualdade das mulleres. 

Moitas grazas e parabéns pola vosa contribución a unha sociedade máis xusta e igualitaria.


Ademais, ao longo da semana en diferentes departamentos plasmouse este día en carteis e murais: en Francés, os rapaces responderon á pregunta: A que muller admiras?; en Xeografía e Historia recolleron datos sobresaíntes das mulleres pioneiras galegas; e, en Latín, fíxose un traballo sobre o feminismo de Ovidio que consistiu en coñecer a vida do poeta romano, que morreu no desterro acusado de incitar ás mulleres ao adulterio mediante a súa poesía. Traballouse con fragmentos de distintas obras nas que se aprecia o fondo saber de Ovidio sobre o universo feminino, así como a súa reivindicación do dereito da muller a expresarse e vivir libremente.









Comentarios