Obradoiro de sexualidade por Cromosomos X


Hoxe os alumnos e alumnas de primeiro da ESO tiveron un obradoiro de sexualidade e outro de ciclo menstrual a cargo da ONG Cromosomos X. Estes obradoiros teñen como obxectivo ampliar os coñecementos sobre estas temáticas desde unha perspectiva respectuosa e inclusiva.


Na primeira sesión traballouse a sexualidade, afondando no coñecemento dos diferentes modelos afectivo-sexuais e desenvolvendo unha visión crítica que cuestiona os roles de xénero actuais e contribúe a acadar unha igualdade real. 

Na seguinte sesión, centrada na saúde menstrual, preséntanse  o ciclo, os aparellos de hixiene e os mitos arredor da menstruación. Ademais, repartiuse material de hixiene facilitado ao centro pola empresa Evax & Tampax.

Comentarios