Programa de Mediación


Dende hai varios anos, no noso IES trabállase a resolución de conflictos entre iguais; por iso, levamos varios martes nos que oito alumnos de 2º da ESO estánse a formar como mediadores.

O psicólogo Carlos Vila sinalou ós candidatos que deben ter en conta que sempre que conviven personas nun lugar xurden conflitos. Destacou tamén a importancia de saber escoitar e preguntar para facer unha mediación. É imprescindible para clarificar e comprender o que pasou.
 

Onte, 19 de marzo, remataron as charlas de formación de mediadores impartidas polo psicólogo. Durante dúas horas, os alumnos, guiados por Carlos Vila, analizaron casos reais de mediación feitos en institutos de España.

Ó finalizar, a Coordinadora de Convivencia, Emilia Domínguez, entregoulles ós alumnos o diploma que os acredita como mediadores do Camilo José Cela. Trátase de Tamara Blanco, Leandro da Silva, Lorena Franco, Marcos Frieiro, Lara Jamardo, Jesús Martínez, Sandra Castro e Iris Silva.

Dende agora encargaranse, xunto cos antigos mediadores, de velar pola convivencia no Centro e resolver os conflitos que se dean entre os compañeiros.

Comentarios