Pleasure Island

O alumnado de Música de 3º de ESO asistiu o día 25 de abril ao Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela para participar no Concerto Didáctico PLEASURE ISLAND, onde se mesturaban dúas artes: a danza e a música.

Iniciouse o espectáculo coa introdución do que íamos ver: os contos ‘Non culpes a ninguén’ (1956) de Cortázar e ‘As preocupacións dun pai de familia’ (1919) de Kafka. En ambos unha presenza perturba terriblemente as súas personaxes.

Na representación do primeiro conto reflíctese angustia cando o personaxe non logra liberarse dun xersei. A música acompaña perfectamente os movementos da bailarina e as sensacións que provoca no espectador. No conto de Kafka un obxecto indefinido de fío loita, xoga… coa personaxe. Deste xeito “A proposta cruza o corpo e a música para afondar nos dous imaxinarios e na experiencia co que supostamente é estraño”.


Presentaron esta obra que non deixou indiferente a ninguén: Cristina Cubells, dirección artística; Ariadna Montfort e Estela Merlos, coreógrafas e bailarinas; a Real Filarmonía de Galicia coas pezas de Igor Stravinski, “Danses concertantes” e de Januibe Tejera, “Internités”.

Comentarios