Carreira de Orientación en Porto do Son



Hoxe no Campamento de Loreto, en Porto do Son, rematou o Campionato provincial de orientación, modalidade sprint. Nel estaban clasificados quince alumnos do noso centro que conseguiron clasificarse en Boiro na fase de zona, once de 2º e catro de 3º da ESO.


O podio estivo moi caro: non houbo ningún clasificado pero pasárono ben; gozaron tanto dun percorrido singular e de gran beleza paisaxística como de facer deporte. Este último aspecto e a convivencia foron os mellores premios que puideron levar.

Comentarios