Hoxe visitou o noso centro un grupo de alumnos da facultade de Física enviados por Justo Arines, titular da USC do departamento de Física Aplicada, que, xunto cunha das súas profesoras, impartiron a charla “Xogando coa luz” do programa A ponte coa USC.
O alumnado de Física e Química de 4º ESO e 1ª Bacharelato tivo a oportunidade de coñecer e comprobar experimentalmente algunhas propiedades da luz como a dispersión a través dun prisma, a polarización e a utilidade da luz láser na determinación da calidade dos aceites. Tamén comprobaron a propiedade da reflexión total que ten lugar na fibra óptica empregada en diversos campos como as telecomunicacións e na medicina.
A charla debía ser tan amena, que algún interesado asomouse pola fiestra para non perder detalle.
Comentarios
Publicar un comentario