Encontro con ex-docentes do IES Camilo José Cela

O luns 15 de abril tivemos un encontro con profesoras e profesores que deixaron unha fonda pegada no IES Camilo José Cela. Encarna Otero, Emilio Crespo, Rita Amigo e Bieito Silva volveron visitar o centro para conversar con alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato, con motivo das celebracións do 50 aniversario.

Os e As ex-profes, que ademais desempeñaron nalgún momento cargos directivos no centro, lembraron con moito agarimo os seus tempos de docentes no IES, recuperaron a memoria do ensino secundario en Padrón e relataron interesantes anécdotas do instituto, tanto no seu emprazamento actual como no anterior.

O alumnado participou activamente da conversa e das experiencias compartidas e os/as convidados/as lembraron con emoción a calidade humana do alumnado de Padrón. Volvede cando queirades!


Comentarios