PSICOACTIVIDADE / TEST DE APTITUDES DIFERENCIAIS


Irene Pumar, orientadora do centro, é a responsable da actividade desenvolvida na aula de Psicoloxía ao longo de dúas sesións co alumnado de segundo de bacharelato mediante a que se fixo un achegamento inicial á cuestión da avaliación da intelixencia e das aptitudes e as súas derivacións pedagóxicas e filosóficas. Na segunda sesión o alumnado procedeu a realizar unha parte do test ou batería de aptitudes diferenciais e xerais (BADyG) que é utilizado no departamento de Orientación para o diagnóstico e ferramenta pedagóxica que o profesorado pode utilizar para a súa programación de aula.

Comentarios