Segundo premio no Club de debate!


No día 13 de abril, sete alumnos de 1º de Bacharelato e un de 4º da ESO do IES Camilo José Cela participaron na final do Club de debate na súa edición de 2024, no Val do Dubra, cun resultado de novo positivo: segundos clasificados!

Despois de ter pasado a primeira fase no mes de febreiro, o noso alumnado mergullouse nas redes para coñecer o máis posible sobre o tema: a supervivencia do galego depende dos neofalantes; para isto acudiron a estudosos como Fernando Ramallo (da Uvigo) e ás súas propias experiencias para defender a postura a favor e en contra.

Na quenda da mañá tocou defender a postura en contra diante do equipo de Santa Comba, o IES Terra de Xallas.


Xa despois de xantar e coas forzas renovadas, defenderon a postura a favor do tema fronte ao equipo de Narón IES Canido.


Cun resultado positivo, segundos clasificados, ao noso alumnado espéralle unha fin de semana nun parque multiaventura en Portugal en compaña do outro equipo gañador, cunha morea de actividades lúdicas e relacionadas coa lingua e a convivencia.

Comentarios