Taller toca toca: Actividade didáctica con artrópodos e outros invertebrados.

O alumnado de 1º de ESO e algún de Bacharelato, xunto ás profesoras do departamento, gozamos este luns con esta actividade. O biólogo Miguel Santamaría achegou ás aulas de Bioloxía do noso centro invertebrados dos cinco continentes que él mesmo cría. Os alumnos e alumnas puideron tocar e observar algunhas especies como unha tarántula, distintos tipos de escaravellos, bolboretas e outros insectos xigantes, así como aprender sobre a súa alimentación e hábitat. Foi unha actividade moi chamativa, participativa e divertida que nos proporcionou tamén un punto de atrevemento ao poder coller nas nosas mans especies que nos asustan moito como a tarántula.



Comentarios