Visita aos Museos e Roteiro coa editorial Galaxia.

O martes 23 de abril, Día do Libro, o alumnado de 1º da ESO acudimos a dous museos na capital galega.
A primeira visita foi ao MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) no que o alumnado tivo que buscar información, con axuda de pistas, sobre a escola e os xogos de recreo dos nosos antepasados.

A segunda visita foi ao Museo do Pobo Galego, despois dunha pausa na que merendamos na entrada do parque de Bonaval para coller forzas e conseguir resolver os misterios propostos nel. Neste museo puidemos descubrir o que é un museo etnográfico e visitar unha escaleira única no mundo.
Mentres, no mesmo día, os nosos compañeiros de 2º da ESO fixeron tamén a viaxe a Santiago xa que tiñan alí dúas actividades.
A primeira delas consistiu nun roteiro pola zona vella visitando os escenarios onde se desenvolvía a obra O enigma de Santiago de Xose A. Veira Cruz, novela de lectura obrigatoria neste curso. Por sorpresa para eles, a actividade foi teatralizada: o actor que os acompañou representaba distintos personaxes relacionados coa obra. Esta posta en escena gustou moito ao alumnado. 
Na segunda parte da mañá, e tras un descanso, visitaron o Museo do Pobo Galego nun horario diferente ao noso, aínda que ambos grupos quixemos retratarnos na famosa escaleira de caracol.

A viaxe rematou cun xantar no parque de Bonaval compartido cos compañeiros de 2 º para coller folgos e volver ao instituto, máis coñecedores da historia do noso pobo.




Comentarios