Acto de graduación da promoción 2022-2024

O xoves 16 de maio tivo lugar no Auditorio de Padrón, xa que no espazo habitual no exterior do centro non puido ser debido ao mal tempo, o acto de graduación de 2º de Bacharelato.

Iniciouse o acto coa intervención ao violín de Xian Rial de 1º de Bacharelato, que amenizou cunha composición de Vittorio Monti.
Presentaron Emir e Elisa e o propio alumnado amenizou o evento coas súas actuacións musicais: Antía, Elsa, Lucía e Marta.

O acto foi moi emotivo desde o comezo, xa que no primeiro discurso a xefa de estudos, Sonia Gey, lembrou a súa formación grazas ao ensino público e anunciou a súa próxima xubilación.

Os discursos do alumnado tamén achegaron momentos entrañables cheos de bos recordos e de humor: da ex-alumna Paula Oliveira; das alumnas de 2º A, Carmen e Noa; e de 2º B, Abel.

E antes da entrega de diplomas por parte das titoras, Carmen Romero e Marga Nogueira, o director deu a despedida á promoción lembrando o 50 aniversario do centro e, como é habitual, léndolles un poema, nesta ocasión, de Luísa Villalta: "Estación".


Comentarios