Día das Letras Galegas coa escritora Rosa Aneiros


Para celebrar as Letras Galegas deste 2024, o luns 20 de maio tivemos unha convidada de luxo: a escritora Rosa Aneiros.

Rosa achegouse a Padrón para falar co alumnado de 3º e 4º de ESO, que estivo atentísimo ao que contaba. Ela mesma se declarou intimidada polo silencio e a atención!

Pero a conversa, grazas á amenidade e bo facer da autora, foise animando. Rosa falounos da súa formación como escritora, da xénese de moitas das súas obras, dos seus gustos literarios, dos seus estudos, leunos poemas... E, ao final, a conversa animouse e case faltou tempo para intercambiar impresións con ela.

Ao finalizar o faladoiro, un grupo selecto de alumnas e alumnos acompañounos á aula de Lingua Española 3, que foi inaugurada con todo o boato e que, desde hoxe, pasa a chamarse Aula Rosa Aneiros!



Comentarios