"Iniciación segura á Pegada dixital e ás redes sociais” con Manuel Rivas (AMTEGA)


A sesión consistiu nunha primeira aproximación á identidade dixital e as súas características, pasando despois a mostrar aos menores que clase de publicacións poden conlevar un maior ou menor risco.


Posteriormente explicouse a configuración de dispositivos e a súa privacidade, para, en último lugar, analizar as redes sociais máis empregadas polos menores e as opcións de seguridade e privacidade que ofrece cada unha delas, finalizando cuns breves consellos para a mellora da seguridade no día a día.

Comentarios